Buscar este blog

jueves, 9 de febrero de 2012

Saídas profesionais: Ranking de emprego

No blog do compañeiro Iñaki Tomás, ecobitacora (que vos animo a visitar) atopei esta entrada que vos pode ser moi útil de cara a escoller as licenciaturas que iredes cursar nos vindeiros anos.

O ranking ven ordeado pola demanda que teñen as diferentes carreiras, e como podedes ver as relacionadas coa nosa materia están entre os primeiros postos (ADE é a 1ª do ranking). Isto débese á versatilidade que teñen estas titulacións, que fan que un titulado en ADE sirva para moitos postos de traballo diferentes demandados polas empresas.
Agora ben, tamén hai moita xente estudando estes graos, así que existe competencia.
Unha información interesante que se desprende dos datos do ranking é comparar as columnas de "Estudiantes %" e "Ofertas%", a 1ª é a porcentaxe que supón esa titulación fronte ao total, a 2ª a porcentaxe de demandas de traballo das empresas de estudantes desa titulación fronte ao total.
Por exemplo un 1,8% dos estudantes fai Enxeñería Industrial, pero un 5,34% das demandas das empresas son de eses titulados. Por tanto é unha carreira con saídas laborais.
Un 4,9% fai periodismo, pero as demandas de periodistas son de un 0,45% do total. É unha carreira con pouca saídas profesionais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario