Buscar este blog

domingo, 11 de diciembre de 2011

El País: Aprender a desaprender

http://www.elpais.com/articulo/andalucia/Aprender/desaprender/elpepiespand/20110906elpand_4/Tes

Aprender a desaprender

Fragmento do  programa de Antena3 Es Hora de aprender a desaprender.

Documentos tv: El poder del dinero

¿ As nosas emocións dictan as decisións económicas ou somos simples calculadoras racionais, que velamos polos nosos intereses? O crack de 2008 votou por terra varias décadas de pensamento económico racional.
Documental moi recomendable que analiza os comportamentos irracionais a hora de tomar decisións económicas. O documental demostra, a través de varios experimentos científicos, cómo o diñeiro activa os circuitos das emocións no cerebro. Espero que vos guste.

O proceso de producción industrial

O desenrolo do proceso de producción industrial  pasou por diversas etapas, condicionadas por circunstancias históricas moi variadas, dende a elaboración artesanal, que se apoiaba directamente no traballo manual, auxiliado por unha maquinaria sinxela e rudimentaria, aproveitando a forza animal, a agua e o vento, ata a Revolución Industrial, que modificou, radicalmente, as escasas bases productivas do modo de producción anterior. Dende o despegue do proceso industrial moderno, que tivo lugar en Inglaterra, a mediados do s. XVIII, ata o momento actual, o proceso de fabricación industrial foi incorporando novas técnicas, materias e fontes de enerxía, revolucionando as formas de producción, ao amparo do desenrolo capitalista.